domingo, 22 de enero de 2012

Comezo da segunda volta

Bonaval - XL Milladoiro
Domingo 22 de xaneiro. 19h. Colexio La Salle.

Tras rematar o pasado sábado a primeira volta coma a comezamos, perdendo na prórroga, nos dispoñemos a comezar a segunda con mellor fortuna.

miércoles, 11 de enero de 2012

Xornada 11

4ªdivisión sénior masculino grupo C:
Bonaval - Churrasquería Hamburguesería Orly
Sábado 14 de xaneiro ás 20h en La Salle


1ª división autonómica femenina:
La Salle - Universitario de Ferrol
Domingo 15 de xaneiro ás 19h en La Salle

viernes, 23 de diciembre de 2011

Bo Nadal

A xunta directiva do Club Baloncesto Bonaval quere achegarse aos vosos fogares nestas datas familiares para desexarvos
Bo Nadal e Ledo Aninovo

domingo, 11 de diciembre de 2011

76 Bonaval - Basketdeza 36

Sábado 10 de decembro, 20h. Colexio La Salle.

Partido sen moito que contar. Os de Lalín acudiron a La Salle con tan só cinco xogadores e ata ahí xogaron o primeiro cuarto cun parcial de 21-14 ao noso favor. Despois diso fóronse lesionando dous deles con problemas musculares, un seguiu xogando pero outro tivo que parar no terceiro periodo. No derradeiro cuarto dous xogadores visitantes autoexpulsáronse. Práticamente nin defendimos nin atacamos máis.
Por desgraza hai que resaltar a lamentable educación do número 15 de Basketdeza que tralo descanso dedicouse a facer faltas, protestar e aínda logo de expulsado insultar aos nosos xogadores negándolle a man ao final do encontro. É unha pena e unha vergoña atopar individuos que desprezan dese xeito o deporte que practicamos. Grazas a Deus o baloncesto é outra cousa. Esta é a primeira vez e esperemos que a última que temos a obriga de facer un comentario así.
O contrapunto, outro xogador do mesmo equipo, que con problemas seguiu xogando ata o final do encontro pedindo logo disculpas por vir nesas condicións, con tan só cinco xogadores, dándose conta de que se estragou unha tarde de baloncesto e sendo consciente de que custa tempo e cartos desputar os partidos.
Pola nosa banda destacar o acerto no tiro de Fran, xuvenil de La Salle.

Este triste encontro foi o derradeiro antes do parón de Nadal. Na vindeira xornada tócanos descansar.

martes, 6 de diciembre de 2011

Xornada 9

4ª división sénior masculina, grupo C:
Bonaval - Basketdeza
Sábado 10 de decembro ás 20h en La Salle


1ª división autonómica femenino:
La Salle - Celta Universidade de Vigo
Domingo 11 de decembro ás 19h en La Salle

domingo, 4 de diciembre de 2011

66 Amigo del Vía - Bonaval 53

Derrota clara por 13 puntos ante o Amigos del Vía. Partido desputado nunha triste e morriñenta tarde de outono no polideportivo do Cruceiro de Santa María, en Arzúa.

Resumo do partido: segundo cuarto 13-2. Resultado ao descanso 27-12. Xogador número 13 do Amigos del Vía (Sanmartín) 25 puntos e infinitos rebotes defensivos e ofensivos, ademáis de cargar de faltas aos nosos dous postes con suma rapidez. O partido estaba decidido por estes factores aos que sumamos un desacerto demasiado grave do Bonaval de cara o aro no segundo cuarto. Sendo así é xusto tamén loubar a entrega dos de vermello trala reanudación. Conseguimos poñernos a tan só cinco puntos o final do terceiro cuarto, pero nos tiros decisivos sinxelos que tivemos quedando catro minutos erramos, o que sentenciou definitivamente un partido que estaba perdido no descanso e que tivemos fe de poder gañar hasta case os últimos minutos cando os nosos tiron non entraron e os seus si.

Victoria medianamente cómoda para Amigos del Vía e nova derrota para o Bonaval.

Próximo partido, o último antes do parón de Nadal, contra Basketdeza.

sábado, 3 de diciembre de 2011

Xornada 8

Amigos del Vía - Bonaval

Domingo 4 de decembro ás 17h no municipal de Arzúa (creemos que no Cruceiro de Santa María)